Licitación da Subministración Eléctrica
As entidades locais, para cumprir co disposto na Lei de Contratos do Sector Público, están obrigadas a licitar de forma periódica a subministración de enerxía eléctrica das instalacións municipais.
Flinq Enxeñería presta o servizo de Asistencia Técnica para a Licitación da Subministración de Enerxía Eléctrica, incluíndo a recompilación de datos técnicos necesarios, entrega de pregos de prescricións técnicas e administrativas, verificación e valoración das ofertas presentadas, polo que conseguimos unha redución drástica dos tempos e recursos propios das Administracións Públicas dedicados a estes trámites.
Especialmente nos casos en que o Concello non veña licitando a subministración con regularidade obtéñense reducións do gasto municipal que poden superar o 30%.
Resultados
- Cumprimento da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
- Aforro no importe de licitación.
- Redución drástica os tempos e recursos propios das Administracións Públicas dedicados a este trámite.
Flinq Enxeñería levamos 10 anos realizando este servizo para máis de 40 concellos.